SicGalicia súmase ao Programa de Primeira Experiencia Profesional das Persoas Mozas [TR353C – 2026], impulsado pola Xunta de Galicia e cofinanciado polo Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE), destinado a incentivar a formalización de contratos de formación para a obtención de práctica profesional ou de contratos de formación en alternancia.
Con esta axuda seguimos apostando pola incorporación de talento novo ao noso equipo, ofrecendo unha primeira experiencia profesional de calidade.

